¿ QUE DECLARAR SI VIVO NUNHA COMUNIDADE DE PROPIETARIOS?

 

A reforma fiscal introduciu numerosas modificacións legais nas comunidades de propietarios que poden afectar de maneira negativa os contribuíntes na declaración na renta,

  • ¿ Como afectan as subvencións a comunidade de propietarios?

No caso das subvencións recibidas as obrigacións, segundo a redacción da Lei do IRPF,por instalacións de ascensor ou por dividendo dixital, están suxeitas o imposto. Estas subvencións, teñen a consideración de ganancias patrimoniais. E dicir, independente do importe e probable que o comuneiro lle obrigue a realizar a declaración do IRPF.

A hora de recibir unha subvención , a Lei IRPF explica que non se terá que declarar os contribuíntes que obteñan rentas procedentes, entre outras fontes, por rendementos íntegros de traballo, dentro do límite de 22.000€ anuais. Ase mesmo, tampouco se presentará declaración por os contribuíntes que obteñan exclusivamente rendementos íntegros do traballo, do capital ou de actividades económicas, así como ganancias patrimoniais, co límite de 1.000 € anuais.

Agora ben, pode darse o caso de que un comuneiro, que aínda obtendo rendementos de traballo por importe inferior a 22.000€ pero superior a 1.000€, quede obrigado a presentar declaración de IRPF, e o que é peor, que lle resulte a pagar.

Seguindo, co tema de ganancia patrimonial, agora referímonos os rendementos obtidos por as mesmas, imputaranse os propietarios, clasificándose como unha ganancia patrimonial.

Neste caso, as comunidades a imputación de ingresos e gastos realizarase en función do coeficiente de participación seguindo o estipulado na Lei de propiedade Horizontal.

Esta imputación, incluirase na declaración de entidades en réxime de atribución de rentas ( modelo 184, modelo que deberá presentar a comunidade de propietarios no mes de Febreiro do ano seguinte o ano no que obtiveron as rentas) na medida que o importe xunto co resto de ingresos percibidos por a comunidade de propietarios non supere os 3000 €.

  • ¿ Pero porque outros conceptos debe declarar a comunidade de propietarios e como afecta a cada comuneiro?

Neste caso, hai que falar de arrendamentos de elementos comúns ( cubertas para colocar antenas de telefonía móbil, fachada para instalar lonas publicitarias, etc.), a comunidade actuará como suxeto pasivo do IVA. Neste respecto, a comunidade de propietarios ingresa as contías co IVA que logo se deberá liquidar trimestralmente.

Agora ben, as comunidades de propietarios non teñen personalidade xurídica a efectos fiscais para computar as rentas derivadas do aluguer como ingreso. Por o que será cada propietario con arreglo o seu coeficiente quen deberá reflexar este rendemento na declaración da renta. Tamén neste caso de venta da casa de portería xa que se trata dun elemento común.

Con respecto o aluguer, só estarán exentas de IVA as vivendas ( por exemplo a do porteiro) que serán propiedade da comunidade. En consecuencia, non se procederá a liquidación do IVA.

Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos. Puede aceptar las cookies haciendo clic en el botón Acepto o configurarlas o rechazar su uso haciendo clic en la Política de cookies    Configurar
Privacidad