CHEQUE INFANTIL 2015.

Concesión de axudas económicas e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a atención de nenas e nenos de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos.

A axuda convocada consiste nunha cantidade mensual para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos, ás persoas solicitantes con nenas e nenos entre 0 e 3 anos a cargo, por un período máximo de 11 meses.

A contía da axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar, de acordo co cadro seguinte, e non poderá superar en ningún caso o custo da praza.

Enténdese por servizo de comedor o definido no artigo 26 do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia. Este servizo comprenderá o xantar, que será prestado por persoal do propio centro ou contratado con tal fin (servizo de cátering), e incluirá en todo caso os alimentos.

Para os efectos desta orde, considérase que as nenas e os nenos con necesidades específicas de apoio educativo ocupan dúas prazas. Neste caso, a axuda que resulte segundo o establecido neste artigo multiplicarase por dous.

O prazo para a presentación será do 28- 04- 2015 ao 27 – 05-2015. O prazo de resolución sera de tres meses e o silencio administrativo entendese como negativo.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as familias residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que estean nos supostos seguintes:

  • Renovación da praza.
  • Novas prazas.

As persoas beneficioarias serán:

  1. Para seren persoas beneficiarias das axudas, as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:
    a) Ter unha nena ou un neno nacida ou nacido con posterioridade a 31 de decembro de 2012.
    b) Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros organismos ou institucións públicas ou entes privados que, en concorrencia coa regulada nesta orde, supere o custo da praza.

    2. Os centros aos cales acudan as persoas beneficiarias deberán contar coa autorización pertinente segundo o establecido no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia (DOG do 20 de xaneiro de 2012).

Para máis información:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150427/AnuncioCA05-210415-0002_gl.html

 

Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos. Puede aceptar las cookies haciendo clic en el botón Acepto o configurarlas o rechazar su uso haciendo clic en la Política de cookies    Configurar
Privacidad