AXUDA DO PLAN RENOVE DE FIESTRAS
Esta axuda ten como obxeto a concesión de axudas por parte da Consellería da Economía e Industria destinadas a rehabilitación dos ocos acristalados da fachadas, tanto no referente ao acristalamento como aso marcos, perfís, co fin de acabar mellorar significativas na demandas enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos.
O plan entrará en vigor o día 27 de Xuño ao 30 de Outubro de 2015.
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia no competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007.
A concesión destas axudas estará en todo caso condicionada á existencia de crédito orzamentario.
As axudas serán destinadas a renovación, que consistirá na sustitución dunha fiestra existente por outra de igual ou inferior tamaño. Será subvencionable a colocación dunha nova fiestra paralela á existencia ( dobre fiestra), sempre e cando esta nova fiestra satisfaga os requisitos enerxéticos citados.
Así mesmo, tamén serán subvencionables a renovación de portas que separen estancias calefactadas do exterior, sempre e cando cumpran coas especificacións técnicas deste artigo e teñan marco por todo o perímetro.
Serán considerados custos subvencionables a retirada das fiestras existentes, a fabricación das novas fiestras e a súa instalación, sempre e cando veña detallado na factura.
Non serán subvencionables:
- Os cerramentos acristalados que se instales coa finalidade de pechar ambientes exteriores.
- Ocos acristalados non situados na fachada.
- As fiestras que estean nas particións interiores das vivendas.
Así como tamén:
- Os gastos e custos financieiros que sexan consecuencia do investimento.
- Os gastos realizados en bens usados.
A contía das axudas ascenderá a un máximo de 100/m2 de oco, cuns limites de 3000 por viviendafamiliar/piso. Para ocaso de comunidade de propietarios ou edificios de vivenda, a axuda máxima será de 3000 euros por vivenda unifamiliar/piso co máximo de 50.000 euros por edificio.
En calquera caso, a cantidade de subvención non poderá ser superior ao 25% do custo total da obra.Soamente se admitirá unha solicitude de axuda por solicitante e unha única actuación por solicitude.
En ningún caso o custo dos gastos subvencionable poderá ser superior ao valor de mercado.