PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTONOMO DAS PERSOAS NOVAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL
O pasado día 19 de Agosto, publicouse no DOGA ( Diario Oficial de Galicia) baixo a Orde 12 de Agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para a promoción do emprego autónomo das persoas novas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego Xuvenil, procedendo a súa convocatoria para o ano 2015.
O prazo para solicitar dita subvención será dende o día 20 de Agosto de 2015 ata 30 de Setembro de 2015.
O principal Obxetivo e fomentar o promoción do emprego autónomo de persoas novas desempregadas inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e proceder á súa convocatoria para o ano 2015.
Poderán acceder a esta subvención as persoas novas escritas no sistema nacional de garantía xuvenil que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia e que desenvolvan fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia.
A persoa traballadora autónoma ou por conta propia poderá ser beneficiaria das axudas deste programa cando forme parte comunidades de bens ou sociedades civís de nova creación, sempre que a solicite a titulo persoal.
Deberanse cumprir unha serie de requisitos como son:
- Estar escrito no Sistema nacional de Garantía Xuvenil.
- Non ter traballado nos últimos 30 días.
- Terdes dado de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade.
- Non desenvolver como persoa traballadora autónoma a mesma ou similar actividade na mesma localidade.
Para mais información non dude en poñerse en contacto con nos.