PROCEDEMENTO MONITORIO TRA-LA REFORMA DA LEI DE AXUCIAMENTO CIVIL.

O proceso Monitorio pode definirse, segundo a lei 1/200 do Procedemento Destinado a otorgar protección de rápida e eficaz o crédito do diñeiro líquido, en especial o que aparece  do trafico mercantil de profesionais e da pequena empresa e mediana empresa. En consecuencia, o Proceso Monitorio constitúe unha das principais innovacións da LEC e pode definirse como un medio áxil para que o acredor poda obter rapidamente o cobro das cantidades que son adeudadas; evitando por tanto, a lentitude, e ineficacia, dos procesos ordinarios que completa a lei.

O proceso  o Xuízo Monitorio o procedemento xudicial especial regulase nos artigos 812 a 818, ambos inclusive, na LEC; resulta aplicable a todas aquelas reclamacións de cantidade de débedas de cartos de calquera importe, líquidas, determinadas, vencidas e esixibles.

E un proceso especial e de carácter non obrigatorio, e dicir, o acredor pode optar por a súa utilización ou por reclamar a súa débeda mediante un proceso declarativo; xa se produza en Xuízo Verbal ou en Xuízo Ordinario, pero, y dadas as súas características, a súa utilización resulta moi recomendable.

Tratase dun procedemento especifico para reclamar o pago da débeda; debe tratarse dunha débeda que conste acreditada por escrito e de algunha formas que se indican no artigo 812, como poden ser documentos, calquera forma ou clase, tamén mediante facturas, albarás de entrega certificacións, telegramas, telefax…

O proceso monitorio segundo o artigo 814 LEC, “comezará por petición do acredor donde se expresará a identidade do deudor, o domicilio(s) do acredor e do deudor o lugar no que residen ou puideran estar allados, e orixe e contía da débeda, acompañándose o documento ou documentos os que se refire o artigo 812”.

E importante, sinalar que o artigo 814.2, para a presentación da petición inicial o procedemento monitorio non será preciso valerse de procurador e avogado; e que , o igual que sinalabamos para o Xuízo Verbal, dita petición “ poderá estenderse en impreso ou formulario normalizado”.

Por o que se refire o Xulgado o Tribunal no que debe presentarse esta solicitude inicial o proceso monitorio, o artigo 813 establece que será exclusivamente competente para o proceso o Xulgado de primeira Instancia do domicilio ou residencia do deudor.

Por ultimo sinalar, que a petición do proceso Monitorio debe indicar a contía e orixe da débeda e debe ir acompañado de aqueles documentos nos que se base a reclamación.

Por o que se refire os tramites o artigo 815 LEC, sinala que os documentos aportados coa petición foron previstos no apartado 2 do artigo 812.

Unha vez efectuado o requirimento o Xuíz, poden producirse varias situacións:

A primeira que se regula no artigo 817 LEC e que o deudor pague.

Segundo, que o deudor nin pague nin de razóns a través dun escrito de porque non paga, artigo 816.

E por ultimo, pode ocorrer que o deudor, dentro do prazo de 20 días, opóñase por escrito a reclamación do pago efectuado. Este suposto regulase no artigo 818 da LEC, que sinala que si o deudor  presentara escrito de oposición dentro do prazo, o asunto resolverase definitivamente en xuízo que corresponda, tendo a sentencia que se dite forza de cousa xulgada.

O escrito de oposición deberá ir firmado por avogado e procurador cando a súa intervención fora necesaria por razón da contía, e dicir, si é superior a 2000 euros.

Si a oposición do deudor se fundara en la existencia de pluspetición, actuarase respecto a cantidade recoñecida como debida conforme o que dispón o apartado segundo do artigo 21 LEC.

Cando a contía da prestación non excedera da propia do xuízo verbal, o secretario xudicial ditará decreto dando por terminado o proceso monitorio e acordando seguir a tramitación conforme o previsto para este tipo de xuízo, dando traslado da oposición o actor , quen poderá impugnalo por escrito nun prazo de 10 días. As partes, nos seus respectivos escritos de oposición e de impugnación desta poderán solicitar a celebración de vista.

Cando o importe da reclamación supere dita cantidade o peticionario non interpuxera a demanda correspondente dentro do prazo dun mes dende o traslado do escrito de oposición, o secretario ditara decreto sobresendo as actuacións e condenando as costas o acredor.

Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos. Puede aceptar las cookies haciendo clic en el botón Acepto o configurarlas o rechazar su uso haciendo clic en la Política de cookies    Configurar
Privacidad