SUBVENCIÓN EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, PARA A REHABILITACIÓN CON GRANITO DAS FACHADAS DE VIVENDA EXISTENTES.
Prazo: 20/01/2016- 20/04/2016
Obxeto:
Fomentar a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes contribuíndo a embelecer o tecido constructivo galego cun material de fácil colocación e respectuoso co ambiente á vez que se mellora a eficiencia enerxénica.
A actuación subvencionable será a rehabilatión con granito da envolvente das fachadas existentes de vivenda ou edificios de vivenda colectiva. Non se admitirán as obras parciais.
Custos subvencionados:
- Custo de memoria básica , informes técnicos e certificado necesarios.
- Custo de licenza.
- Custos de desmontaxe do material de fachadas ou envolvente existente.
- Custos dos materiais.
- Custos de man de obra civil e instalación.
Custos non subvencionados:
- Os custos dos materiais da estrutura soporte da fachada.
- A substitución ou instalación das carpinterías exteriores (portas e fiestras) e vidrios.
- Os gastos e custos financierios, como consecuencia do investimento.
- Os gastos realizados en bens usados.
Os tipos de fachadas:
- Fachadas pegadas de granito.
- Fachadas trasventiladas de granito.
- Fachadas de perpiaño.
O custo subvencionado:
- 110 € por m2 no caso de fachadas pegadas de granito.
- 140 € POR m2 no caso de fachadas tras ventiladas de granito.
- 130 € por m2 no caso de fachadas de perpiaño de granito.
Con carácter, a contía da subvención será 30 % dos custos totais subvencionabas cun máximo:
- 12.000 € por vivenda unifamiliar illada.
- 40.000 € por edificio de vivendas en bloque.
Beneficiarios:
Os particulares ou as comunidades de propietarios. En ningún caso o obxeto da subvención se destinará nin se adscribirá a ningunha actividade empresarial ou profesional.