AXUDAS A PARTICULARES PARA PROXECTOS TÉRMICOS DE BIOMASA.
PRAZO PRESENTACIÓN: 01/02/2016 – 01/03/2016
BENEFICIARIOS:
Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas de dereito privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles de dereito residencial, comunidades ou mancomunidades de veciños.
REQUISITOS:
- Que non estean iniciados as actividades na data de presentación da solicitude.
- Que se desenvolva nas zonas rurais de Galicia. Entendendo por rural aquelas zonas que non consideradas densamente poboadas ( urbanas) no seu territorio. No caso de Galicia, só Terán a consideración de zonas urbanas os 7 concellos de núcleos de poboación grandes da comunidade autónoma ( A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela).
- Que sexan finalistas, é dicir, que no momento da certificación final cumpran os obxectivos e función para os que foron aprobados.
- Que sexan viables tecnicamente.
- Que se axusten á normativa sectorial ( comunitaria, estatal e autonómica) en materia enerxética.
- Que se axusten ás especificacións indicadas nas bases.
- Que o solicitante ou entidade colaboradora non sean sancionados.
- A entidade colaboradora no caso de pago indebido quedará obrigada a reembolsar o importe.
SUBVENCIONABLES:
- custo de equipamentos térmico e os seus accesorios principais do mesmo.
- Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento.
- custo do sistema de almacenamento do combustible.
- custe do sistema de alimentación do combustible.
- custe de montaxe e conexinado.
- IVE excepto cando non sexa recuperable conforme a lexislación do IVA.
NON:
- Os gastos de funcionamento de actividade subvencionada e material funxible en xeral.
- Os gastos anteriores a presentación da solicitude.
- Reposición ou mera sustitución de equipamentos existentes. A estes efectos entenderase por gastos de reposición ou substitución aqueles que se limiten a substituír unha maquina existente ou parte da mesma por unha maquina nova e moderna sen ampliar capacidade de produción en máis dun 25 % ou introducir cambios fundamentais na natureza da produción ou tecnoloxía correspondente.
- Equipamento e materiais de segunda man.
- A simple reposición ou substitucións e equipamento e maquinaria.
- As obras de mantemento e os gastos de aluguer.
- As taxas e licenzas administrativas.
- As partidas de gastos xerais e beneficio industrial.
- As conducións de distribución interior do calor e os equipos emisores.
A solicitude deberá ser cumprimentada por unha das entidades colaboradoras, quer serán as encargadas de tramitar o procedemento , comprobando que o solicitante cumpre con todos os requisitos esixidos na orden. Unha vez comprobado e cumplimentado a solicitude debe imprimirse por duplicado obrigatoriamente . Deberá achegarse:
- Memoria técnica con:
- Descrición da instalación proxectada segundo o modelo dispoñible.
- Planos de situación.
- Folla con características da caldeira.
- Declaración de conformidade da caldeira segundo a normativa vixente.
- Obrigatorio presentar tres ofertas da instalación que se pretende levar a cabo.
- Oferta cunha das entidades colaboradoras.
- Demostrar a titularidade do ben inmoble ou territorio.
Contía da Axuda:
Intensidade máxima da axuda,, segundo o tipo de beneficiario, será de 50 %.
Contía máxima da axuda será de 50.000€.
A contía máxima por entidade colaboradora será de 120.000€ e o número máximo de proxectos subvencionados 30.