PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.
PRAZO: 17/05/2016 – 23/06/2016
Iniciarase o día seguinte da publicación desta orde e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).
Resolución: Seis meses.
Sentido do silencio: Negativo.
- Obxeto:
Ten por obxecto regular para o curso 2016/17 no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos:
- A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP) e en 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria (en diante, ESO); cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2015/16.
- A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, en 2º e 4º de ESO, e en educación especial (en diante, EE).
- A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
- .Beneficiarios:
Alumnado matriculado en niveis obrigatorios de ensino en centros sostidos con fondos públicos.
- Requisitos:
- Ao rematar o curso 2015/16, o alumnado beneficiario de libros de texto ou de material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido con axudas para libros de texto deberá devolvelos ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2016/17.
- O centro docente gravará a devolución na aplicación Fondolibros ou Axudaslibros, segundo corresponda, e integrará na aplicación Fondolibros a información da aplicación Axudaslibros cando se refira a libros dos cursos 4º e 6º de EP e 1º e 3º de ESO, para coñecer o número total de exemplares dispoñibles e útiles de cada materia ata o 1 de xullo de 2016 (este incluído).