APOIO FINANCEIRO ÁS PEMES – BONIFICACIÓN DOS CUSTOS DO FINANCIAMENTO DE PRÉSTAMOS SUPERIORES A 25.000 EUROS (2016)

Prazo: Finaliza o 31/10/2016

 

  • Obxeto:

Bonificación dos custos financeiros das pequenas e medianas empresas de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000 euros.

Os proxectos obxecto de financiamento a través desta liña terán que corresponderse con algunha das actividades sinaladas no anexo II.

 

  • Beneficiarios:

Autónomos, microempresas ou pequenas ou medianas empresas (Pemes) calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión das axudas.

 

  • Requisitos:
  1. Con independencia do importe do préstamo formalizado, o importe máximo bonificable, para as operacións sen aval ou con aval dunha sociedade de garantía recíproca, será de 100.000,00 € para o tipo de xuro e 500.000 € para a comisión de aval.

    2. A porcentaxe de financiamento poderá alcanzar o 100% do proxecto, non obstante a bonificación do Igape calcularase para o 75% do importe do préstamo.

Datos obtidos da páxina web www.igape.es.

Para máis información: http://app.igape.es/.axudas/ver_pdf.asp?cod=3575

 

Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos. Puede aceptar las cookies haciendo clic en el botón Acepto o configurarlas o rechazar su uso haciendo clic en la Política de cookies    Configurar
Privacidad