PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTONOMO ANO 2017.

O día 13 de Marzo de 2017, saíu publicado no DOGA (Diario Oficial de Galicia) a orde pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do Emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e o Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se convocan para o ano 2017.

Programa I. Promoción do emprego autónomo. Forma de tramitación: exclusivamente electrónica.

Prazo de presentación: 14/03/2017 – 02/10/2017    Prazo de resolución: Tres meses.    Sentido silencio: Negativo.

O principal obxectivo de estas subvención e a concesión de unha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas.

Quen pode ser persoas beneficiaria ?

  • Aquelas persoas escritas como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, carecendo de ocupación efectiva segundo o informe da vida laboral.
  • Ter solicitada a alta como autónomo no correspondente réxime da Seguridade Social ou mutualidade.
  • Desenvolver fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia.
  • Non estar inscritos en Garantía Xuvenil.
  • Non ter percibido subvencións ao abeiro dos distintos programas de emprego autónomo nos tres anos anteriores.
  • Non haber desenvolto a mesma actividade como autónomo 6 meses anteriormente a data de inicio da nova actividade.
  • Non están incluídos as persoas socias de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores.
  • Non ter débedas nin na seguridade social, facenda ou Axencia Tributaria

Que contía será subvencionada?

Establecese una contía base de 2000€ para todas aquelas persoas que teñan a condición de beneficiarias que se pode incrementar nun 25% nos seguintes casos:

  • Incorporase unha muller.
  • Persoa con discapacidade.
  • Persoa con toda a unidade familiar desempregados-
  • Centro de traballo da persoa autónoma este situado en concello rural.

Contía máxima de 4000€.

Que tipo de obrigas?

  • Realizar a actividade durante un mínimo de dous anos se se concede a subvención.
  • Xustificar a subvención.
  • Ter no local de traballo un cartel de que se recibiu a subvención.

Se queres presentar esta subvención, non dudes en porte en contacto con nos.

 

Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos. Puede aceptar las cookies haciendo clic en el botón Acepto o configurarlas o rechazar su uso haciendo clic en la Política de cookies    Configurar
Privacidad