PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN INDEFINDIA INICIAL DE PERSOAS DESEMPREGADAS DE LONGA DURACIÓN.

O obxecto desta convocatoria e fomentar a contratación por conta allea de forma indefinida para parados de longa duración.

Entenderase por parados de longa duración aquelas persoas de 45 anos ou mais anos de idade, que na data da súa alta no correspondente réxime da Seguridade Social estea sen traballo e acredite un período como desempregada no Servizo Publico de Emprego de, polo menor, doce meses durante os dezaoito meses anteriores á súa contratación.

Entran dentro de esta convocatoria as contratación indefinidas realizadas entre o 1 de Outubro de 2016 ao 30 de Setembro de 2017.

Poderán ser beneficiarios de estas axudas as empresas de calquera forma xurídica que adopten, incluídos autónomos e autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten por conta allea persoas traballadoras desempregadas de longa duración.

Dentro dos múltiplos requisitos que pide esta convocatoria cabria destacar, que as entidades solicitantes, deben estar o día nas súas obrigas coa seguridade social, hacienda e facenda.

Así mesmo, a persoa contratada debe estar contratada por a empresa un mínimo de dous anos. En caso de que a relación laboral se extinga deberá cubrir o posto con una persoa coas mesmas características que a contrata inicialmente e comunicalo a Consellería de Emprego e Industria.

A cantidade que establece a convocatoria por contratación indefinida será de 10000 € podendo incrementárse un 25 % cando a persoa incorporada é muller, outro 25% cando a persoa incorporada posúa discapacidade, outro 25% cando a persoa pertenza a unha unidade familiar con todos os seus membros esten desempregados; e outro 25% no caso de que o centro de traballo estea situado nun concello rural.

Para máis información:

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170406/AnuncioG0424-270317-0005_gl.html

Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos. Puede aceptar las cookies haciendo clic en el botón Acepto o configurarlas o rechazar su uso haciendo clic en la Política de cookies    Configurar
Privacidad