AUTONOMO QUE TRABALLA NA CASA SÍ PODRÁ DEDUCIRSE LUZ, AUGA OU O GAS.

Unha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza avala que os autónomos que traballen na casa poden deducirse unha parte dos gastos como son a luz, gas, calefacción ou teléfono. Discrepa así, do criterio seguido por Hacienda que só admite esa posibilidade si os abastecementos se utilizan exclusivamente para o desenvolvemento da actividade económica.

Os gastos que un autónomo poden ou non deducirse sempre xeran polémica  entre a administración e os contribuíntes.

Entre os motivos que encontra a sentenza, e que un espazo sen luz, auga ou telefono non e apto para desempeñar ningunha actividade profesional. Esta sentenza do TSX de Madrid acaba de dar a razón a un particular, o recordarlle que ten dereito a deducir o IRPF unha parte proporcional a súa actividade de gastos correntes de estes abastecementos.

A agora Hacienda só permitía a posibilidade de desgravar facturas si os servizos básicos en cuestión se utilizan única e exclusivamente para o desenvolvemento da actividade económica.

A Dirección Xeral de Tributos di que os traballadores por conta propia poden deducirse gastos derivados da titularidade da vivenda como hipoteca, IBI, a taxa de lixo ou a cuota da comunidade de forma proporcional o espazo da vivenda que se utiliza para a actividade profesional. Pero non o consumo de luz, gas, auga calefacción o teléfono.

Sen embargo, a Sentenza, que vimos analizando, de 10  Marzo de 2015, alega que si a lexislación permite a afección parcial da vivenda a actividade económica, e ilóxico que a interpretación da Dirección Xeral de Tributos elimine os servizos básicos para o desempeño da actividade profesional “ No es lóxico negar la dedución de aqueles abastecementos  sen os cales non e factible realizar el traballo”, recolle a sentenza.

O ponente do fallo, conclúe , sen embargo que non pode probarse que o vehículo non se use para actividades privadas , por o que non pode deducirse o gasto “ non poden considerarse afecto en exclusiva a actividade económica, e por iso impide admitir a dedución dos gastos referidos a dito turismo” , sinala.

Sen dubida, os traballadores autónomos celebran esta sentenza, aínda que debe actuarse con prudencia. Afirman que , aínda que é certo que abre unha nova vía para futuras reclamacións, recordan que a decisión do TSX de Madrid non obriga a Hacienda a modificar o seu criterio. En todo caso, consideran que “ os autónomos contan agora con argumentos de peso para recorrer aquelas liquidacións da Axencia Tributaria nas que se nega a deducibilidade dos abastecementos.

Un importante paso, para os autómomos.

Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos. Puede aceptar las cookies haciendo clic en el botón Acepto o configurarlas o rechazar su uso haciendo clic en la Política de cookies    Configurar
Privacidad