AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTONOMAS PARA A CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS.

II Programa. Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.

O principal obxectivo e incentivar a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia. Prazo de presentación: 17/03/2017 – 02/10/2017   Prazo de resolución: Tres meses.    Silencio: Negativo

Quenes serán as persoas beneficiarias?

  • Pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.
  • Pola segunda ou terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.
  • As contratación realizadas dende o 1 de Outubro do 2016 ao 30 Setembro de 2017.

Cales son os requisitos?

  • Tempo completo ou tempo parcial.
  • Centro de traballo situado na Comunidade autónoma de Galicia.
  • Será subvencionable a primeira contratación indefinida inicial cando na data en que se formalice o contrato pola cal se solicita a subvención non haxa outra persoa traballadora contratada cunha relación laboral indefinida nin se contratase con carácter indefinido, con anterioridade, outra persoa traballadora, agás que este contrato indefinido se extinguise por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez da persoa traballadora ou por resolución durante o período de proba.
  • A segunda e a terceira contratación indefinida inicial sempre que, con anterioridade á formalización destes contratos, non se realizasen dúas o máis contratación indefinidas agás que estes contrato indefinido se extinguise por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez da persoa traballadora ou por resolución durante o período de proba.

Que contía?

  • Primeira persoa traballadora indefinida:
    • Axuda consistirá nunha contía de 5000€.
  • Segunda e terceira:
    • Axuda consistira en 6000€.

Estas contías incrementaranse nun 25 % cando:

  • Se incorpore unha muller.
  • Se a persoa incorporada ten discapacidade.
  • Toda a unidade familiar se encontren como desempregados.
  • Centro de traballo en medio rural.

Contía máxima: para primeira contratación indefinida: 10000€

Contía máxima: para segunda e terceira contratación indefinida: 12000€

Que obrigas?

A persoa  beneficiaria deberá manter no seu cadro de persoal durante un mínimo de dous anos.

Na segunda e terceira contratación indefinida subvencionada, a persoa beneficiaria está obrigada a manter durante dous anos contados desde a data da realización da contrartación subvencionada, o nº de persoas traballadoras fixas do seu cadro de persoal.

Se estas interesado nesta axuda, non dudes en poñerte en contacto con nos.

 

Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos. Puede aceptar las cookies haciendo clic en el botón Acepto o configurarlas o rechazar su uso haciendo clic en la Política de cookies    Configurar
Privacidad