AXUDAS AOS ENVESTIMENTOS NA ELABORACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUCTOS VITICOLAS, FINANCIADOS POLO FEAGA.

PRAZO: 22/12/2015 – 21/01/2016.

Poderán ser beneficiarios da medida de investimentos as empresas que realicen actividades de transformación ou comercialización de produtos vitivinícolas ou ben ambas as días actividades simultaneamente.

A empresa deberá haber empezado ou desenvolto as devanditas actividades con anterioridade á data de presentación da solicitude ou ben comezala coa execución do proxecto de investimento motivo da solicitude da axuda.

Non obstante, cando se trate de solicitantes cuxa actividade sexa, ou pretenda ser, unicamente a comercialización de produtos vitivinícolas, deberán satisfacer, segundo corresponda, os seguintes requisitos:
a) Se se trata dunha empresa xa en actividade, polo menos un 80 % da súa facturación do último exercicio pechado deberá proceder da comercialización de produtos vitivinícolas.
b) Se se trata dunha empresa cuxa actividade se iniciase coa execución do proxecto de investimento motivo da solicitude de axuda, deberá comprometerse a que polo menos o 80 % da súa facturación anual durante o período de durabilidade dos investimentos proceda da comercialización dos produtos vitivinícolas.

O beneficiario da axuda deberá ser o responsable final do financiamento do proxecto, de tal forma que o gasto do investimento deberá soportarse na súa contabilidade.

Outros requisitos:

1. A empresa solicitante deberá demostrar viabilidade económica. Non se concederán axudas a empresas en crise, Conforme a elas considerarase que unha empresa está en crise se concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:

  1. a) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando teña desaparecido máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas.
    b) Tratándose dunha sociedade en que polo menos algúns socios teñan unha responsabilidade limitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecera por las perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.
    c) Cando a empresa se encontre inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores.
    d) Tratándose dunha empresa que non sexa unha peme, cando durante os dous anos anteriores:
    1º. A ratio débeda/capital da empresa fose superior a 7,5, e
    2º. A ratio de cobertura de xuros da empresa, calculado sobre a base do EBITDA, fose inferior a 1,0.

    As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se consideran empresas en crise agás que cumpran a condición establecida na alínea c) do parágrafo anterior.

    En todo caso, para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas presentarán coa solicitude de axuda unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme a normativa comunitaria, así como, no caso de sociedades, fotocopia dos balances e contas de explotación dos tres últimos anos.

    Tampouco poderán ser beneficiarias de axudas as empresas que se atopen en proceso de ter solicitado a declaración de concurso voluntario, ter sido declaradas insolventes en calquera procedemento, atoparse declaradas en concurso, agás que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitos á intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal, sen que concluíra o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

    Non se concederán axudas a aqueles solicitantes que non acrediten estar ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, ou que teñan débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da comunidade autónoma (Consellería de Facenda).

    Tampouco se concederán axudas a aqueles solicitantes que non estean ao día nas súas obrigas por reintegro de subvencións.

    3. Os beneficiarios deberán manter o investimento segundo o previsto no artigo 50.5 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro. Así mesmo, a durabilidade será exixible aos adquirentes, nos supostos de transmisión da actividade produtiva e das infraestruturas ligadas a ela obxecto da axuda e deberase acreditar de modo fidedigno ante a autoridade competente que esta circunstancia é coñecida e aceptada polos adquirentes. En caso contrario, calquera suposto de reintegro sería exixible sobre o beneficiario orixinal da axuda.

    4. Non se concederán axudas a solicitantes nos cales concorra algunha das circunstancias que dean lugar á prohibición para obter a condición de beneficiario sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e, en particular, aos solicitantes condenados mediante sentenza firme ou sancionados mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións públicas.

    5. Os proxectos de investimento estarán claramente definidos especificando as actuacións/operacións e detallando os conceptos de gasto que compoñen cada operación e os custos estimados de cada unha delas.

En todo caso, conterán, como mínimo, a información detallada recollida no anexo VII desta orde.

Os proxectos de investimento poderán realizarse nos exercicios Feaga 2017 e 2018 e poderán ser anuais ou plurianuais. O prazo máximo de xustificación en cada exercicio Feaga será o 29 de abril dese exercicio.

Os proxectos presentados deberán ter viabilidade técnica e económica.

6. Os gastos susceptibles de auxilio presentados cunha solicitude de axuda deberán cumprir os seguintes criterios de moderación de custos:

  1. a) Con carácter xeral, o solicitante de axuda deberá presentar como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contracción do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que os realicen, presten ou subministren, circunstancia que debe xustificarse nunha memoria específica.
    Non se considerarán subvencionables os conceptos incluídos na solicitude de axuda dos cales non se acredite o cumprimento deste requisito.
    A elección entre as ofertas presentadas realizarase seguindo criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.
    b) Con independencia do anterior, os gastos afectados polo disposto no anexo II non poderán superar as contías máximas admisibles alí consideradas, de maneira que, se nun proxecto de investimento se superan tales máximos, o exceso será considerado gasto non subvencionable.

    Non se concederán axudas a investimentos en construción de novas superficies cubertas ou ampliación das existentes, nin os seus investimentos relacionados, se non se acredita coa solicitude e nos prazos establecidos a dispoñibilidade do terreo e da licenza de obras correspondente que lle permita iniciar as obras.

    8. Os investimentos non poderán comezar antes da presentación da solicitude de axuda, agás que os gastos sinalados no anexo III, 5, a) e b), que poderán ser tidos en consideración a partir dos doce meses previos á data de solicitude.

    O inicio das operacións do proxecto de investimento previamente á resolución non implica ningún compromiso por parte da Administración sobre a concesión da axuda.

As solicitudes de axuda presentaranse no modelo que figura como anexo V desta orde, xunto coa seguinte documentación complementaria:

  1. Memoria: anexo VI debidamente cuberto.
    2. Proxecto de investimento: co contido mínimo indicado no anexo VII.
    3. Relación de ofertas solicitadas e elixidas: anexo IX debidamente cuberto.
    4. Documentación adicional:
  2. a) Documentos acreditativos da personalidade do solicitante. Para iso, no caso de persoas xurídicas deberase presentar unha copia das escrituras ou documento de constitución onde se recollan os estatutos ou regras fundacionais e debidamente inscritos no rexistro público que corresponda segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate..
  3. b) No caso de empresas xa existentes, balance e contas de resultados dos tres últimos anos se son sociedades, e no caso de persoas físicas declaración da renda dos últimos tres anos no caso de que se denegue expresamente a autorización para para a súa verificación. Se a empresa ten ou forma parte dun grupo empresarial, debe presentarse tamén o balance e contas consolidadas do último ano do grupo.
  4. c) Todas as ofertas solicitadas relativas aos investimentos que se vaian realizar e incluídas no anexo IX desta orde.
  5. d) No caso de investimentos que inclúan a construción de novas superficies cubertas, xustificación documental da dispoñibilidade do terreo e licenza de obras.
  6. e) No caso de que o solicitante sexa unha cooperativa, certificado do secretario indicando:

O nº de socios.

Se houbo ou non un proceso de fusión nos dous últimos anos.

Se está acollida á Orde APA/180/2008, do 22 de xaneiro, ou se é unha entidade asociativa prioritaria recoñecida de acordo co Real decreto 550/2014.

  1. f) No caso de que o solicitante sexa un produtor vitivinícola con produción en 2015 acollida a unha figura de calidade recoñecida ou a produción ecolóxica, certificado da devandita figura de calidade sobre a produción acollida ese ano.
  2. g) Se as instalacións do solicitante dispoñen de certificación de aseguramento da calidade (BRC,IFS,ISO) ou ambiental, copia desta.
  3. h) Se o solicitante dispón de contratos homologados pola Lei 2/2000 con viticultores para a totalidade da uva procesada, excluída a propia, fotocopia dos contratos e relación destes sinalando as cantidades contratadas.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable de procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos. Puede aceptar las cookies haciendo clic en el botón Acepto o configurarlas o rechazar su uso haciendo clic en la Política de cookies    Configurar
Privacidad