AXUDA DO PLAN RENOVE DE FIESTRAS

Esta axuda ten como obxeto a concesión de axudas por parte da Consellería da Economía e Industria destinadas a rehabilitación dos ocos acristalados da fachadas, tanto no referente ao acristalamento como aso marcos, perfís, co fin de acabar mellorar significativas na demandas enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos.

O plan entrará en vigor o día 27 de Xuño ao 30 de Outubro de 2015.

O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia no  competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007.

A concesión destas axudas estará en todo caso condicionada á existencia de crédito orzamentario.

As axudas serán destinadas a renovación, que consistirá na sustitución dunha fiestra existente por outra de igual ou inferior tamaño. Será subvencionable a colocación dunha nova fiestra paralela á existencia ( dobre fiestra), sempre e cando esta nova fiestra satisfaga os requisitos enerxéticos citados.

Así mesmo, tamén serán subvencionables a renovación de portas que separen estancias calefactadas do exterior, sempre e cando cumpran coas especificacións técnicas deste artigo e teñan marco por todo o perímetro.

Serán considerados custos subvencionables a retirada das fiestras existentes, a fabricación das novas fiestras e a súa instalación, sempre e cando veña detallado na factura.

Non serán subvencionables:

  • Os cerramentos acristalados que se instales coa finalidade de pechar ambientes exteriores.
  • Ocos acristalados non situados na fachada.
  • As fiestras que estean nas particións interiores das vivendas.

Así como tamén:

  • Os gastos e custos financieiros que sexan consecuencia do investimento.
  • Os gastos realizados en bens usados.

A contía das axudas ascenderá a un máximo de 100/m2 de oco, cuns limites de 3000 por viviendafamiliar/piso. Para ocaso de comunidade de propietarios ou edificios de vivenda, a axuda máxima será de 3000 euros por vivenda unifamiliar/piso co máximo de 50.000 euros por edificio.

En calquera caso, a cantidade de subvención non poderá ser superior ao 25% do custo total da obra.Soamente se admitirá unha solicitude de axuda por solicitante e unha única actuación por solicitude.

En ningún caso o custo dos gastos subvencionable poderá ser superior ao valor de mercado.

Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos. Puede aceptar las cookies haciendo clic en el botón Acepto o configurarlas o rechazar su uso haciendo clic en la Política de cookies    Configurar
Privacidad