AXUDAS PARA PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTONOMOS 2015

Con data de 19 Agosto de 2015, publicouse no DOGA ( Diario de Oficial de Galicia) a ORDE DE 12 Agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo cofinanciado polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa  operativo FSE Galicia 2014-2020.

O principal obxetivo e que de ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas desempregadas, inscritas como demandantes de emprego no Servizo de Emprego, que procederán á creación do seu propio posto de traballo mediante a constitución de persoas autónomas ou por conta propia ( modelo 036/037). E se comprendan entre o período do 1 de Outubro de 2014 ao 30 de Setembro de 2015.

As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens e sociedades civís de nova creación.

O principais requisitos, e se den de alta no réxime especial de autonomos ou en calquera outro réxime especial da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o  1 de Outubro  2014 e o 30 Setembro de 2015, ambos inclusive. Non estar inscritos no sistema nacional de garantía xuvenil. Non desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade na mesa localidade os 6 meses anteriores a data de inicio da actividade.

As contías a recibir, 5000 € para persoas desempregadas en xeral; 8000€ desempregados con discapacidade ou ben pertencentes a colectivo por risco ou situación de exclusión social; ou 10000€ para mulleres desempregadas con discapacidade ou pertencente a colectivo por risco ou situación de exclusión social.

O prazo para presentar ditas solicitudes, de maneira telemática ou ben presencial, será dende o día 20 de Agosto de 2015 ata o día 19 de Setembro de 2015.

Para máis información novaxestion queda a súa disposición.

 

 

Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos. Puede aceptar las cookies haciendo clic en el botón Acepto o configurarlas o rechazar su uso haciendo clic en la Política de cookies    Configurar
Privacidad