AXUDAS LIBROS DE TEXTO.
Hoxe abre o prazo para a presentación de solicitudes para axudas de libros de texto destinadas ao alumnado matriculados en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria 1º e 3º de educación obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos publicos, para o curso 2015/2016.
O prazo de presentación será:
- Para Educación primaria e educación especial:02.06.2015 ao 01.07.2015.
- Educación secundaría obrigatoria, prazo ordinario:25.06.2015 ao 27.07.2015
- Educación secundaria obrigatoria,prazo extraordinario:02.09.2015 ao 02.10.2015
Requisitos para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:
a) Ser pai/nai/titor legal do alumnado matriculado nos cursos obxeto desta convocatoria en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e especial.
b) Non estar incurso en prohibicións.
c)Ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable do ano 2014/2015.
Deberá acompañarse a solicitude unha copia do DNI e unha copia do libro de familia.
En canto a cuantía das axudas decir :
No caso de educación primaria:
- Familias monoparentales:
- renda per capita familiar ata 6000,00 : 170€
- renda per capita familiar: 6000,01 – 9000,00: 90 €
- Resto de familias:
- renda per capita familiar: ata 5.400,00: 170€
- renda per capita familiar 5.400,01 – 9000,00 – 90 .
En caso de educación secundaria:
- Familias monoparentales:
- renda per capita: ata 6000.00 : 180€
- renda per capita: 6000,01 – 9000,00: 104€.
- Resto de familias:
- renda per capita: ata 5.400,00: 180 €.
- renda per capita :5.400,01 – 9000,00 : 104€.
Para determinar a renda per capita terase en conta a renda per capita familiar do exercicio fiscal 2013.
Para o caso de alumnos de 3º e 5º de primaria e de 2º e 4º de educación secundaria, deberemos ter en conta que este ano comeza unha nova forma de axuda para os libros de texto, que son O FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO.
Neste caso, non se entregará una cantidade de diñeiro, si non que se entregarán os libros de texto a traves dos colexios. Para eso, deberan ter unha renta per capita inferior a 9000,00€ tendo en conta o exercicio fiscal do ano 2013.
O prazo serda o dia 02/06/2015 – 30/06/2015.
As solicitudes entregaranse nos colexios en formato papel, xunto coa documentación solcitadada.
Para mais información acudir o Diario Oficial de Galcia do día 01 Xuño de 2015.