ENTRA EN VIGOR A LEI 31/2015, de Reforma y Fomento del trabajo Autonomo.
O pasado 10 de Outubro entrou en vigor a Lei 31/2015 . Esta lei modifica e actualiza toda a normativa en materia de autoemprego, e adopta unha serie de medidas en promoción do traballo autónomo e de economía social e introduce novas medidas para o fomento de traballo autónomo e o fomento de autoemprego.
Entre as principais novidades hai que destacar :
Ampliación da tarifa plana de cotización. Unha ampliación da tarifa plana de 50 euros como cota empresarial por continxencias común, incluída a incapacidade temporal, dos traballadores por conta propia ou autónomos que causen alta inicial ou que non se houberan estado en situación de alta nos últimos 5 anos inmediatamente anteriores, durante 6 meses.
E unha das mellores noticias, e que os autónomos que disfruten deste incentivo poderán contratar traballadores sen perder ese dereito.
Outra das novidades desta nova lei, e que os parados poderán capitalizar hasta un 100% da prestación de desemprego independentemente da idade e para facilitar a inversión e os gastos iniciais de apertura de negocio.
Outra seria a compatibilización da prestación por desemprego co alta no RETA. Poderá compatibilizarse durante un máximo de nove meses a prestación por desemprego co alta no réxime de traballadores autónomos.
Outra posibilidade de que os TRADE contraten traballadores. Tamén inclúe a lei ampliación de bonificacións sociais.
Sen duda unhas modificacións importantes, pero non as que necesitan os autonómos na actualidade.