APROBADO PROXECTO DE LEI PARA FOMENTAR O TRABALLO AUTÓNOMO.
O consello de ministros aproba o Novo Proxecto de Lei para fomentar o traballo autónomo e a economía social e impulsar o emprendemento.
Según o Goberno, esta norma modifica e actualiza toda normativa en materia de autoemprego.
Entre as medidas, cabe destacar, a Tarifa Plana para Autónomos, fixando unha contía de cota a Seguridade Social por continxencias comúns en 50 euros exactos durante 6 meses; amplíanse o incentivo os autónomos que inicien unha actividade por conta propia e con posterioridade contraten a traballadores por conta axena, e extendese os supostos da Tarifa Plana Especialmente protexida as vítimas do terrorismo e de violencia de Xénero.
Neste novo proxecto, a Lei extende con independencia a idade do solicitante, a posibilidade de capitalizar hasta o 100 por 100 da prestación por desemprego para facilitar a inversión e os gastos iniciais para emprender unha activade por conta propia. Desta forma. A prestación por desemprego podrá utilizarse o 100 por 100 nun único pago, capitalizar só unha parte e utilizar o resto para o abono de cotas a Seguridade Social, o ben destinado o total da prestación do abono de cotas sociais.
Ademais, os maiores de 30 anos, poderán compatibilizar durante un máximo de 270 días a prestación por desemprego co alta de autónomos. Para favorecer a seguridade do emprendedor e facilitar unha segunda oportunidade, ampliase o prazo, desde as vintecatro hasta os sesenta meses para a reanudación da prestación por desemprego unha vez iniciada unha actividade por contra propia a todos os traballadores con dereito a prestación.
Así mesmo, amplíanse os incentivos previstos para os familiares colaboradores que poderán beneficiarse dunha bonificación nas cotas da Seguridade Social no RETA durante 24 meses.50 por 100 os primeiros dezaoito meses e o 25 por 100 durante os seis meses adicionais.
Sen dubida, esta nova modificación beneficiará a un dos colectivos que máis esta a sufrir neste momento de crisis.