O MEU TRABALLADOR ESTÁ DE BAIXA

O MEU TRABALLADOR ESTÁ DE BAIXA

Un dos seus traballadores entregoulle un parte de baixa. Si é a primeira vez que lle sucede esta situación…

que é o que debe facer con ese parte? como o comunica á Seguridade Social?.

No caso de enfermidade común ou accidente non laboral, o traballador acudiría o médico da Seguridade Social que lle corresponda, e este daríalle o parte de baixa. Para os accidentes de traballo, enfermidade profesional, os partes sólense facer pola Mutua.

Este traballador debe entregarlle o parte de baixa emitido polo médico ou Mutua nun prazo de 3 días contados a partir da data da súa expedición.

É importante que o seu traballador entregue o parte en prazo, xa que despois da entrega, vostede ou os seus asesores, con carácter inmediato e, en todo caso, dentro dun prazo máximo de 3 días hábiles (sen contar domingos nin festivos) dende a súa recepción, deberán comunicar a baixa ao Instituto Nacional de Seguridade Social (INSS).

Tamén ten que ter en conta, que os incumprimentos das obrigacións de notificación ou comunicación de accidentes de traballo e enfermidades profesionais constitúen infraccións con sanción. Non dar conta a autoridade laboral dos accidentes e enfermidades profesionais cualificados de leves, podería levar unha multa de entre 40 e 2.045 euros pola comisión de falta leve e por os accidentes e enfermidades profesionais cualificados de graves, moi graves ou mortais de entre 2.046 e 40.985 euros por falta grave.

Posteriormente, e en función da duración da baixa, o seu traballador iralle entregando partes de confirmación, para o cal tamén terá un prazo de tres días. Os partes de confirmación son partes de baixa emitidos polo médico que confirman que segue de baixa. Estes partes tamén deben ser comunicados a Seguridade Social.

Finalmente, cando o traballador remata a baixa e reciba a alta debera entregarlle o parte de final de Incapacidade Temporal (IT), neste caso, os prazos son máis curtos, solo terá 24 horas hábiles para entregarllo. Polo contrario, vostede ou o seu asesor, aínda terá os 3 días hábiles para a comunicación ao INSS.

As comunicacións dos partes á Seguridade Social desde a súa empresa ou o seu asesor, pódense facer a través do sistema RED, ou ben, a través do programa de nóminas que empregue.

Unha vez que sabemos como actuar ante un parte de baixa dun traballador, como se teñen que facer os pagos ó traballador?

Pois con esta sinxela táboa intentaremos aclararlle as súas dúbidas:

DÍAS DE BAIXA ENFERMIDADE COMÚN OU ACCIDENTE NON LABORAL ACCIDENTE DE TRABALLO OU ENFERMIDADE PROFESIONAL
QUEN PAGA? CONTÍA DA PRESTACIÓN QUEN PAGA? CONTÍA DA PRESTACIÓN
Do 1º día ao 3º da baixa non se lle paga (“dias de purga”), salvo que el Convenio de aplicación diga lo contrario non se lle paga (“dias de purga”), salvo que el Convenio de aplicación diga lo contrario  

 

 

 

 

 

Desde o día seguinte paga a Mutua, aínda que primeiro o pago abónao a empresa e logo descóntanllo nos seguros sociais do mes seguinte

 

 

 

 

 

 

Desde o día seguinte da baixa, o 75% da base reguladora por continxencias profesionais

Do 4º día ao 15º da baixa Paga o empresario págalle a empresa o 60% da base reguladora por IT
Do 16º día ao 20º da baixa Paga o INSS ou a Mutua, aínda que primeiro o pago abónao a empresa e logo descóntanllo nos seguros sociais do mes seguinte págalle a Seguridade Social un 60% da base reguladora por IT
Do 21º día ata o final da baixa págalle a Seguridade Social un 75 % da base reguladora por IT

 

Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos. Puede aceptar las cookies haciendo clic en el botón Acepto o configurarlas o rechazar su uso haciendo clic en la Política de cookies    Configurar
Privacidad