PROGRAMA DE AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS.

O obxecto e fixar as bases reguladoras e proceder a súa convocatoria para o ano 2015 dos incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

Serán subvencionables as contratacións do 1 de Outubro de 2014 ao 30 de Setembro de 2015.

Poderán ser beneficiarios as persoas autónomas ou profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.

Tamén poderán ser beneficiarios por a segunda ou terceira contratación.

Os requisitos principais:

  1. Incentivos previstos nesta orden serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais que realicen polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con persoas traballadoras desempregadas para presentar servizos en centros de traballo situados na comunidade autónoma de Galicia.
  2. A primeira contratación indefinida inicial pola que se solicite subvención deberá formalizarse durante o primeiro ano de actividade. A segunda e terceira nos tres anos de actividade.

Dentro das obrigacións das persoas beneficiarias será a de manter no cadro de persoal a persoa traballadora contratada por un tempo mínimo de dous anos; de comunicar os órganos competentes calquer tipo de cambio e no caso de extinguirse a relación laboral, dispondra de 1 mes dende a fecha de baixa para volver contratar a unha persoa coas mesmas características.

Para mais información:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150717/AnuncioCA05-100715-0001_gl.html

 

Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos. Puede aceptar las cookies haciendo clic en el botón Acepto o configurarlas o rechazar su uso haciendo clic en la Política de cookies    Configurar
Privacidad