REFORMA16 – SELECCIÓN DE ENTIDADES COLABORADORAS (2016)

REFORMA16 – SELECCIÓN DE ENTIDADES COLABORADORAS (2016)

Prazo: 28/07/2016- 13/08/2016

  • Obxeto:

Axudas do IGAPE a particulares para a compra de materiais ou mobiliario de cociña e/ou baño, para a reforma do seu fogar en Galicia, que ademais se complementarán con un desconto do propio establecemento de venta de Galicia que se adhira a esta convocatoria.

As entidades colaboradoras actuarán de enlace entre os solicitantes das axudas e o Igape. Serán as encargadas da venda e promoción dos bens subvencionables indicados no artigo 3.

  • Beneficiarios:

Poderán ser entidades colaboradoras os establecementos de venda de materiais de rehabilitación ou pezas de mobiliario de cociña e baño. Deberán ser entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, ou ben empresarios individuais sempre que, en ambos os dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (non poderán ser entidades colaboradoras as Sociedades Civís, as Comunidades de Bens e outras entidades sen personalidade xurídica propia) e acrediten as condicións de solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.

  • Requisitos:

Na súa relación co Igape, as entidades colaboradoras realizarán as seguintes funcións:

  1. Comprobación inicial dos requisitos dos solicitantes da axuda.
  2. Realización ante o Igape dos trámites para solicitar a axuda.
  3. Desenvolvemento das accións vinculadas ao programa.
  4. Xustificación da axuda e a súa certificación ante o Igape.

 

As entidades colaboradoras adheridas asumirán os seguintes compromisos:

  1. Cubrir convenientemente os formularios de solicitude de axuda, que inclúe a documentación xustificativa, a través da aplicación informática que se habilite para o efecto.
  2. Vender no marco da iniciativa só os produtos que cumpran coas condicións establecidas nas bases.
  3. Aplicar os descontos correspondentes ao establecemento de venda e á subvención conforme o establecido nas bases, o cal reflexará adecuadamente na correspondente factura.
  4. Facilitar canta información e documentación precise para verificar a correcta aplicación das subvencións.
  5. Cumprir coa normativa establecida para o desenvolvemento do programa.

 

Datos obtidos da páxina web www.igape.es.

Para máis información: http://www.igape.es/gl/ser-mais-competitivo/reforma16

Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos. Puede aceptar las cookies haciendo clic en el botón Acepto o configurarlas o rechazar su uso haciendo clic en la Política de cookies    Configurar
Privacidad