PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTONOMO ANO 2017.
O día 13 de Marzo de 2017, saíu publicado no DOGA (Diario Oficial de Galicia) a orde pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do Emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e o Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se convocan para o ano 2017.
Programa I. Promoción do emprego autónomo. Forma de tramitación: exclusivamente electrónica.
Prazo de presentación: 14/03/2017 – 02/10/2017 Prazo de resolución: Tres meses. Sentido silencio: Negativo.
O principal obxectivo de estas subvención e a concesión de unha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas.
Quen pode ser persoas beneficiaria ?
- Aquelas persoas escritas como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, carecendo de ocupación efectiva segundo o informe da vida laboral.
- Ter solicitada a alta como autónomo no correspondente réxime da Seguridade Social ou mutualidade.
- Desenvolver fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia.
- Non estar inscritos en Garantía Xuvenil.
- Non ter percibido subvencións ao abeiro dos distintos programas de emprego autónomo nos tres anos anteriores.
- Non haber desenvolto a mesma actividade como autónomo 6 meses anteriormente a data de inicio da nova actividade.
- Non están incluídos as persoas socias de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores.
- Non ter débedas nin na seguridade social, facenda ou Axencia Tributaria
Que contía será subvencionada?
Establecese una contía base de 2000€ para todas aquelas persoas que teñan a condición de beneficiarias que se pode incrementar nun 25% nos seguintes casos:
- Incorporase unha muller.
- Persoa con discapacidade.
- Persoa con toda a unidade familiar desempregados-
- Centro de traballo da persoa autónoma este situado en concello rural.
Contía máxima de 4000€.
Que tipo de obrigas?
- Realizar a actividade durante un mínimo de dous anos se se concede a subvención.
- Xustificar a subvención.
- Ter no local de traballo un cartel de que se recibiu a subvención.
Se queres presentar esta subvención, non dudes en porte en contacto con nos.