TRABALLOS AUTONOMOS A TEMPO PARCIAL

Hoxe traemos una das novidades coas que comezou este 2017, que é que os traballadores poderán traballar a tempo parcial. Así ben establecido na lei 27/2011, lei que modificou o Estatuto do Traballo Autónomo permitindo que os autónomos poidan realizar os seus traballos a tempo parcial. Esta posibilidade foise aprazando por sucesivas leis de presupostos anuais hasta chegar ao 2016, estabelecendo como data de entrada en vigor da modificación no 1-1-2017.

A posibilidade de realizar actividade autónoma a tempo parcial vai determinar a implantación das seguintes regras especificas da Seguridade Social.

Os traballadores por conta propia que exerzan a súa actividade a tempo parcial vanse incluír no RETA, nos supostos e conforme as condicións regramentarias establecidas.

A lei pode establecer, considerando os principios de contribución, solidaridade e sostenibilidade financieira, un sistema de cotización a tempo parcial para os traballadores autónomos, para determinadas actividades ou colectivos e durante determinados períodos da súa vida laboral; no seu defecto, vanse rexir por as normas aplicables aos traballadores contratados a tempo parcial.

O TGSS entende que como hasta a data non se regulou nada a este respecto non existe a posibilidade de que o traballador autónomo cotice a tempo parcial.

Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos. Puede aceptar las cookies haciendo clic en el botón Acepto o configurarlas o rechazar su uso haciendo clic en la Política de cookies    Configurar
Privacidad